
O Plan de Formación da Rede CeMIT pon a disposición dos usuarios diferentes tipoloxías de cursos, con temáticas e niveis moi distintos. Desta forma, as actividades recollidas no catálogo da rede están dirixidas a un público ou colectivo/s específicos: cidadanía, profesionais TIC, empresas e autónomos, empregads públicos e axentes territoriais (colectivo que agrupa servizos municipais, asociacións civís e empresariais, ONG'S, ANPAS, etc.).
Para o vindeiro ano 2012, o Plan de Formación introduce una serie de novidades en relación coa estrutura actual e obxectivos perseguidos. Estas novidades preséntanse principalmente para os eidos de formación en alfabetización dixital e multimedia e audiovisual e buscan as melloras necesarias para acadar os propósitos formulados.
O novo plan da Rede CeMIT estruturará os eidos de alfabetización dixital e multimedia e audiovisual en 13 itinerarios formativos, estruturados en función de tres eixos, nos que se encadran máis de 60 cursos de diferente nivel e temática. Esta nova organización deos cursos, facilitará a capacitación dixital dos usuarios.

Así mesmo, aínda que a maior parte da oferta formativa segue impartíndose de forma presencial, a Rede CeMIT pon a disposición dos usuarios un catálogo de cursos en liña que permitirán aos cidadáns realizar actividades formativas dende calquera punto con acceso á Internet
Dercarga aquí o novo Plan de Formación da Rede CeMIT
As aulas CeMIT ofrecerán ao longo do ano 2012 máis de 3.000 actividades formativas nas 98 aulas da rede distribuídas entre os 92 Concellos adheridos á rede. isto suporá máis de 20.000 horas de formación para achegar as novas tecnoloxías a toda a sociedade galega.
Todo o catálogo formativoda Rede CeMIT está a súa disposición no buscador que pode atopar a continuación
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas |
Aviso Legal |
Atendémolo/a